viernes, 17 de febrero de 2017

SAÍDA DOS ALUMNOS DE BACHARELATO

Estimadas familias:

O próximo martes 21 de febreiro , os alumnos de 2º bacharelato acudirán acompañados polos profesores a unhas " III Xornadas de Orientación académica e profesional" que organiza o Concello de Fene e o IES de Fene. Nesas xornadas escoitarán distintos relatorios de diferentes universidades e visitarán stands de información dos Ciclos formativos superiores e das Forzas Armadas
Como nos parece unha saída moi interesante, a AMPA subvencionará o transporte de todos os alumnos ata o Concello de Fene.