jueves, 16 de marzo de 2017

MERCADILLO DE UNIFORMES

Estimadas familias:
Ante as demandas de roupa  das familias nestes últimos días , recordámosvos que o banco de uniformes funciona todo o curso e pedimos a vosa colaboración aportando todas aquelas prendas que xa non usedes. Podedes deixar as bolsas en conserxería ou na oficina da AMPA, no horario de atención ao público: martes pola tarde e xoves de 12.00 a 13.30
Graciñas pola vosa colaboración.

viernes, 17 de febrero de 2017

SAÍDA DOS ALUMNOS DE BACHARELATO

Estimadas familias:

O próximo martes 21 de febreiro , os alumnos de 2º bacharelato acudirán acompañados polos profesores a unhas " III Xornadas de Orientación académica e profesional" que organiza o Concello de Fene e o IES de Fene. Nesas xornadas escoitarán distintos relatorios de diferentes universidades e visitarán stands de información dos Ciclos formativos superiores e das Forzas Armadas
Como nos parece unha saída moi interesante, a AMPA subvencionará o transporte de todos os alumnos ata o Concello de Fene.

jueves, 12 de enero de 2017

CURSOS DE INGLÉS NO ESTRANXEIRO

Queridos socios:
na oficina da AMPA podedes consultar información sobre os cursos en inglés no estranxeiro ofertados pola empresa Education First. Organizan viaxes e cursos de distinta duración e con destinos variados. Pasade por aquí e vos informaremos. Un saúdo.