lunes, 15 de junio de 2015

BANCO DE LIBROS DA AMPA

Prezados socios: Ante as dúbidas suscitadas pola normativa da Consellería de Educación sobre a creación de fondos solidarios nos centros escolares, queremos informarvos de: - Que a AMPA do colexio continuará xestionando o préstamo entre as familias asociadas que non teñan dereito ás axudas oficiais. Que este curso recolleremos e prestaremos os libros de 2º e 4º da ESO e 2º de Bacharelato. - Que como sabedes estes libros só valen para o curso escolar 15/16, polo que facemos unha chamada á vosa solidariedade; pois doando eses libros aforraremos un gasto inútil a outras familias, xa que de compraren os libros novos, terían unha validez moi caduca. - Colaborade. Cantos máis mellor. Graciñas e un saúdo cordial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario