sábado, 30 de mayo de 2015

ROI ANEIROS: SUBCAMPIÓN NACIONAL DE ALOHA

FELICIDADES ROI: OUTRA VEZ ENTRE OS MELLORES! O alumno de 1º de ESO Roi Aneiros Díez, proclamouse hoxe sábado en Málaga, Subcampión nacional de Aloha no nivel 5.O Campionato celebrouse este ano en Benalmádena no Tivoli World e ali viaxou Roi acompañado da súa familia que o animou moito. Cada ano resulta máis difícil para Roi, pois vai ascendendo de nivel, pero o esforzo ten sempre recompensa. PARABENS ROI!

jueves, 14 de mayo de 2015

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO DE MARCAPÁXINAS LETRAS GALEGAS 2015

Aprezadas familias: Hoxe pola tarde entregaranse os premios aos gañadores nas distintas categorías do II Concurso de marcapáxinas Letras Galegas 2015 que convocou a AMPA do Tirso de Molina. O acto desenvolverase dentro das actividades que organiza o centro para homenaxear a figura de Xosé Filgueira Valverde, a través das lembranzas que con cancións, poemas e bailes farán os alumnos e alumnas do colexio. Felicitamos a todos os participantes pola calidade e esforzo dos seus traballos e agradecemos desde aquí a súa colaboración. Asemade durante estes días, repartiremos entre toda a comunidade o marcapáxinas elixido para conmemorar esta data. Parabéns para os gañadores das distintas etapas que son os seguintes: - EDUCACIÓN INFANTIL: DANIEL GARCÍA FACHAL - EDUCACIÓN PRIMARIA: MANUELA LÓPEZ BARREIRO - EDUCACIÓN SECUNDARIA: MARIAN FERRER SOTO - BACHARELATO: CARLOS LUGRÍS FREIRE
Tamén aproveitaremos a ocasión para entregarlle á alumna de 6º B de primaria ANTÍA RODRÍGUEZ BELLAS o premio COMO gañadora do "Concurso de deseño da mascota da Biblioteca", co seu , e xa noso , pelícano KOKO.